Alejandro Hernández Hernández arbitrará o Cádiz – Celta.

Alejandro Hernández Hernández foi designado para arbitrar o importante encontro que disputará o Celta este domingo (19:00) no Nuevo Mirandilla de Cádiz. O equipo vigués é ao que máis veces arbitrou o canario ao longo da súa traxectoria profesional, con 35 partidos.
O balance dos célticos con este colexiado presenta 14 victorias, 8 empates e 13 derrotas, para unha media de 1,43 puntos por encontro. Esta tempada arbitró en dous partidos; na xornada 5 cando perdeu no Metropolitano (4-1) ante o Atlético de Madrid, e na xornada 27, no empate a dous goles fronte ao Almería.
Ao Cádiz dirixiuno en 16 ocasións, con un balance de 5 triunfos, 6 empates e 5 derrotas. A media dos andaluces é de 1,31 puntos por encontro. É a primeira vez que arbitra un partido entre estes equipos.