Antonio Chaves abandona o Celta

Antonio Chaves, director xeral do Celta nos últimos quince anos e brazo dereito de Carlos Mouriño desde case a chegada ó club do actual presidente, abandona o conxunto vigués por decisión persoal.
Trátase dunha noticia de muchísimo calado, debido á importante capacidade executiva que tiña dentro do club e ser prácticamente a única persoa na cal Carlos Mouriño apoiaba as súas decisións e escoitaba as do directivo.
Antonio Chaves despediuse dos afeccionados: «Despois de quince anos de loita e identidade chegou o momento de estar coa familia. Grazas por todo e por tanto, sentinme sempre moi apoiado. Dende onde estea, sempre agradecido, sempre Celta».
A marcha de Antonio Chaves, que entende que o seu ciclo xa rematou, supón un duro tropiezo para Carlos Mouriño que queda só, no seu momento de maior impopularidade e coa grada de Balaídos pedindo a súa marcha.
Todo repercutirá na reestruturación interna do club que xa se prepara. No seu momento, o actual presidente situouno como un dos seus posibles sucesores. Xa non será posible.