Noticias

As contas do Celta para manterse na Primeira División

Ningún de nós quería chegar a esta situación, pero a realidade é que o Celta xogarase a permanencia o próximo domingo (21:00) ante o Barcelona, un rival que é toda unha incógnita nestas últimas xornadas. ¿Viralles a Vigo de vacacións como a Valladolid, ou sairá a competir como anoite ante o Mallorca?.

Á marxe desta estraña situación, imos pór en perspectiva a situación real do Celta. Queda unha última xornada para o final do campionato e unha soa praza de descenso por repartir, despois de que o Espanyol confirmase anoite o seu descenso matemático a Segunda División, acompañando ao Elche, xa descendido desde fai varias xornadas. Os partidos con equipos implicados na zona de descenso son os seguintes:

  • Betis – Valencia
  • CELTA – Barcelona
  • Espanyol – Almería
  • Elche – Cádiz
  • Valladolid – Getafe

A clasificación dos equipos implicados é a seguinte

  • 13 Cádiz 41
  • 14 Getafe 41
  • 15 Valencia 41
  • 16 Almería 40
  • 17 CELTA 40
  • 18 Valladolid 39
  • 19 Espanyol 36
  • 20 Elche 24

¿Qué debe facer o Celta para salvarse?

Se o Celta gaña salvarase con independencia dos resultados que se produzan. Neste caso iríase aos 43 puntos e o Valladolid non o alcanzaría.

Se o Celta empata salvarase sempre que o Valladolid non gañe o seu partido. Se o Valladolid gaña se iría até os 42 puntos, adiantaría ao Celta, pero aínda habería opcións de salvación en función dos resultados dos rivais. O Celta alcanzaría os 41 puntos, pero ten o goal-average perdido con varios rivais. A única opción de salvación sería que o Almería perdese ante o Espanyol en Cornellà. Nese caso serían os andaluces os que baixarían.

Se o Celta perde, sempre que sexa por menos de 20 goles, só se salvará se o Valladolid non gaña o seu partido ante o Getafe.

Por tanto, os únicos resultados que lle afectan ao Celta son os de Valladolid e Almería. Ao resto de equipos só os pode superar gañando, e nese caso estaría salvado con independencia do que fagan estes equipos.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba