Noticias

Aseguran que o Porto está interesado no fichaxe de Renato Tapia

O Celta terá que abordar este verán o futuro de Renato Tapia. O internacional peruano remata contrato o 30 de xuño de 2024. En unhas declaracións recentes a Faro de Vigo, o propio Tapia aseguraba que se sentiría «como un can con dúas colas» se lograba a renovación co Celta, pero na mesma entrevista tamén advertía que no caso de que non renovase, podería resultar interesante para o club vigués que saíse este verán deixando en caixa algún diñeiro.

Tapia chegou a custe cero no verán de 2020, polo que calquera venda deixaría unha plusvalía nas arcas celestes. E nese escenario a prensa peruana apunta o interese do Porto no seu fichaxe, basándose en informacións chegadas dende Portugal, en concreto nun portal que segue a información do equipo branquiazul.

Se o interese é certo, podería supoñer para Tapia a oportunidade de disputar a Champions League, competición á que regresaría cinco anos despois de xogar co Feyenoord na tempada 2017-18. Co equipo de Rotterdam tamén disputou a Europa League en dúas ocasións, así que as competicións europeas non son descoñecidas para o «pulpo».

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba