Noticias

C. Tangana, espectador de luxo na grada de animación.

Preto de 24.000 espectadores encheron onte pola noite as bancadas de Balaídos. Entre eles, algún que outro personaxe mediático como C. Tangana, un home tan sinxelo que non parece ter a fama que a súa música lle deu. Vestido cunha camiseta do EuroCelta, co 10 ás costas e o nome de Mostovoi, o madrileño era un máis na grada de animación de Marcador.

Dende ese punto viviu a salvación do Celta co dobrete de Gabri Veiga. As cámaras enfocárono en varias ocasións. Antes do partido, xa se lle viu entre os afeccionados que recibiron ao equipo, e o propio C. Tangana publicou nas súas redes sociais un vídeo deses momentos. Seguramente podería ter ido ao palco, pero un peixe sempre quere estar na auga.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba