Noticias

Carlos Carvalhal : Desliza que no seguira en el celta

A rolda de prensa de Carlos Carvalhal previa ao partido contra o Barcelona tivo certo sabor a despedida. O técnico portugués, ao que hai unhas semanas quería renovar Carlos Mouriño por varios anos, non ten tan clara a súa continuidade no club. Preguntado por elo, a súa resposta foi bastante ambigua:

«Xuro de corazón que non estou nin o máis mínimo preocupado por min, estou preocupado polo Celta. Cambiaba todo porque o Celta se quede en Primeira. O que suceda ao día seguinte dáme igual», sentenciou.

O preparador portugués destacou tamén que «é moi importante que dependamos de nós. O que depende de nós podemos facelo. Non teño dubidas que desde o primeiro minuto o equipo vai saír intenso para ganar o partido. As finais son finais. É a última bala que imos disparar e creo que toda a xente así o sente. O Celta ten unha afición fantástica que o merece todo e estamos determinados para darlle unha alegría. O apoio das persoas emocióname», sinalou.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba