Carlos Carvalhal: «Espero un paso adiante en Cádiz»

Carlos Carvalhal está optimista con respecto ao seu equipo, de cara ao partido deste domingo en Cádiz: «Houbo un punto de inflexión que comezou en Bilbao, creo que subimos claramente o rendemento no partido ante o Girona e vexo aos xogadores con confianza e seguros. Espero que demos un paso adiante en Cádiz. O máis importante son os puntos, queriamos os tres ante o Girona. Asumamos entón que temos tres finais e esta é a segunda. Sabemos o que temos que facer».
Sobre a apretada clasificación na zona baixa, dixo: «Isto é unha maratón e a clasificación final nunca engana. Hai un equilibrio moi grande abaixo e agora hai que continuar para conseguir os puntos necesarios para finalizar os máis arriba posible».
Refírese ao Cádiz: «Sabemos que é un equipo moi agresivo ofensivamente e serán moi importantes os duelos, primeiro e segundo balón, e o que xogue mellor levará o partido, que será moi difícil para os dous. O ambiente que nos imos atopar ten que ser motivador. Somos un equipo que ten experiencia. Queremos xogar en grandes ambientes, non nunha igrexa».
Sobre a disposición táctica que poida utilizar, despois de ter planteado últimamente un 4-3-3 e tamén o ter xogado con cinco atrás, sinalou que podría volver ao seu debuxo base: «Se Iago Aspas se recupera, xogaremos cun 4-4-2».
E sobre os arbitraxes sufridos, non se quixo mollarse: «É un campo no que non me gusta entrar. Tivemos situacións que non son moi claras e sempre en contra, creo que menos nunha vez. Que os árbitros o fagan ben e os futbolistas xoguen e o Celta fágao mellor».