Noticias

Carlos Carvalhal : «Non teño claro se quero seguir, non quero vivir o ano que vén unha situación igual»

Carlos Carvalhal valorou a permanencia do equipo: «Este triunfo é cen por cento dos seguidores, polo apoio e entusiasmo. Cando nós chegamos, o equipo tiña os pés na auga e pedíronnos que o salvásemos. Hai moitas explicacións técnicas. Subimos o nivel, chegamos a un nivel altísimo e logo, a partir de Semana Santa, perdemos a nosa banda dereita con Mingueza lesionado e Carles Pérez xogando infiltrado casi dous meses. Iago e Gabri, quizais por estas ausencias, caíron. Foi moi forte para o noso equipo con poucos xogadores e buracos por cubrir. Vivín situacións non moi normais pero conseguimos o obxectivo«.

Deixa o seu futuro aberto, a pesar de ter un ano de contrato: «Para estar nun club necesito pressupostos que me satisfagan. Hai un que se cumpre, temos unha afección brutal. O resto, temos que falar. Non me agarro aos contratos».

E sobre como viviu o final do partido sinalou: «Felizmente disputei sete finais. Xa vivín momentos parecidos a este».

Despois da rolda de prensa, falou na COPE, onde seguiu deixando dúbidas sobre a súa continuidade: «Neste momento non teño claro se quero seguir no Celta, non quero vivir o ano que vén unha situación igual a esta«.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba