Carlos Carvalhal : «Non xogamos o noso fútbol»

Poucas explicacións puido dar Carlos Carvalhal sobre o lamentable partido realizado polo seu equipo: «Xogamos co mesmo once do partido ante o Girona. Intentamos unha presión media, forte, pero a realidade é que non surtiu efecto e non conseguimos presionar. Baixamos moito, non xogamos o noso fútbol».
O técnico referiuse ás dificultades e melloras cos cambios: «Tivemos moita dificultade para xogar e facer gol, entramos no xogo do Cádiz. Coas substitucións e a entrada de Mingueza, Paciencia e Iago Aspas o equipo mellorou e foi máis o tipo de fútbol que nos xogamos».
E explicou por que eses futbolistas non foron titulares: «A verdade é que Mingueza e Iago non estaban nas mellores condicións. Tiveron 30 minutos de xogo. Era a indicación que tiñamos, principalmente con Iago. O equipo mellorou pero foi tarde».