Noticias

Carlos Carvalhal, pendente de varios xogadores

O Celta xógase a permanencia con Carlos Carvalhal pendente do estado físico de diferentes xogadores, fundamentalmente de Iago Aspas e Hugo Mallo. O que non estará seguro, como é sabido, é Fran Beltrán.

No caso de Iago Aspas segue co seus problemas de espalda, que lle menguaron enormemente nas últimas semanas e impediron traballar co grupo. O técnico espera poder contar con el, no caso de que fose necesaria a súa participación, para algo máis dos 10 minutos que disputou ante o Girona.

Mentras, Hugo Mallo non está completamente descartado, a pesar da fractura que se produciu no cúbito do brazo dereito, tras golpear unha vala na conclusión do partido deste martes en Balaídos. Óscar Mingueza gana enteiros para formar parte do once titular.

A salvación

O Celta necesita a vitoria para matematicamente conseguir a permanencia, sen estar pendente doutros campos, pero un empate tamén podería servilles. Por iso, tampouco é descartable un cambio no debuxo táctico por parte de Carvalhal, voltando a unha liña de cinco en defensa.

Os célticos non estarán sos en Cádiz, un centenar de seguidores desprazarán desde Vigo para animar o domingo, desde a bancada, aos seus.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba