Carlos Carvalhal: «Todos agardamos unha gran noite do Celta»

Carlos Carvalhal compareceu na previa do encontro no que se xogan a permanencia, ante o Barcelona, e despois dunha sesión de adestramento, a porta aberta, na que foron arroupados por varios centos de afeccionados.
O técnico, que recupera a Fran Beltrán pero perde a Aidoo para o encontro, referiuse ao estado de ánimo da plantilla: «Todos os xogadores están preparados, listos e sabendo o que teñen que facer, moi enfocados, e sabendo que enfrontámonos ao equipo máis forte da LaLiga. Agradecer aos aficionados que veñen a apoiar. Estamos todos unidos e xuntos. Xogamos a vida, é unha final. É a última bala e está na nosa man».
Ten que xestionar os sentimentos da plantilla: «Se podemos falar de corazón e cabeza, o primeiro está cheo pero a cabeza ten que estar algo fría. Só co corazón non se gaña un partido. Chegamos dependendo de nós e iso é moi importante. Non teño ningunha dúbida de que o equipo sairá a ganar o partido, con todo o respecto ante o Barcelona».
E é optimista: «Todos agardamos unha gran noite do Celta. Un gran club, cunha afección fantástica e que o merece todo. Vamos traballar moito para dar esa esa alegría».
E referiuse aos seus sentimentos: «Cando cheguei aquí sentinme en casa. É unha realidade. Vindera a ver moitos partidos, gustábame vir aquí nunha fase tamén moi boa do equipo e sempre me consideraba un pouco celtista. Tiven unha gran admiración polo club. Agora sinto que temos que pagar este apoio, amor e cariño das persoas para que o club siga en LaLiga».
E sobre o seu futuro pouco dixo, con un ano aínda de contrato asinado: «Xuro de corazón que non estou nada preocupado polo meu, estou polo Celta. Cambiábao todo porque o Celta quedase en LaLiga».