Noticias

Carlos Mouriño tivo que saír escoltado de Balaídos

Carlos Mouriño, presidente do Celta, está atravesando un momento difícil debido á situación deportiva do equipo e ás súas decisións e declaracións controversas que están enfrontando a unha parte dos afeccionados.

Onte, os cánticos en contra de Mouriño comezaron a sonar de novo no estadio celtista después do partido. A crítica é xusta, pero non certos comportamentos. Segundo unha información do xornal Marca, o propio presidente e a súa filla tiveron que ser escoltados pola policía ata o seu coche despois de ser increpados por un grupo de afeccionados.

O enfado dos afeccionados medrou nas últimas semanas debido aos malos resultados deportivos e á mala xestión da saída de Gabri Veiga. A xestión social tamén deixa moito que desexar, con polémicas publicacións na conta de Twitter en galego que parecen estar traducidas mediante Google Translate.

Ademais, a súa polémica con Abel Caballero e o seu posicionamento a favor dun partido político tamén incrementaron o malestar dos afeccionados. Todos estes problemas xuntas xustifican o enfado, pero nunca deben chegar ao extremo de actitudes violentas ou agresivas. A crítica é necesaria, pero sempre debe ser respectuosa.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba