Noticias

Clasificación | O Celta remata a xornada a 2 puntos da descensión

A tarde noite deste mércores empezou ben, coa derrota do Cádiz en Valladolid, pero foi complicándose cos partidos das 22:00. O Espanyol perdía 0-3 co Atlético de Madrid e logrou unha remontada épica para igualar a contenda a 3 goles, mentres que o Getafe logrou tres puntos de ouro na cancha do Betis.

Con estes resultados, o Celta acaba a xornada na décimo cuarta posición, mellorando un posto, pero vendo como a súa renda sobre o descenso é cada vez máis exigua, e agora redúcese unicamente a 2 puntos.

O Espanyol queda a 5 puntos do Celta. Tería que gañar os dous partidos e que o Celta non sumase en ningún deles para superalo, e o outro equipo en descenso é o Real Valladolid, que ten 38 puntos, 2 menos que o Celta, que lle ten gañado o goal-average pola diferenza de goles global. Queda pendente o partido do Valencia, que visitará este xoves ao Mallorca.

A xornada 37 disputarase o domingo ás 19:00, horario unificado para tódolos equipos implicados na loita pola permanencia. Aínda que seguramente o Valencia non sexa un rival, porque da a sensación de que ten ben encamiñada a permanencia polas sensacións dos últimos encontros, sería interesante que non gañe mañá xa que o domingo recibe ao Espanyol. Ese será un partido ao que terá que estar moi atento ao Celta. Outra final será a que disputen Almería e Valladolid. O que gañe terá a permanencia case certificada, e o que perda sairá moi golpeado. O Getafe recibe a Osasuna, con opcións de alcanzar a sétima praza. E, por suposto, a final do Celta en Cádiz. Un partido clave para os dous equipos. O que gañe, sobre todo se é o Celta, terá a permanencia na man. Iso si, pase o que pase na xornada 37, o equipo de Carvalhal chegará á última xornada fóra do descenso.

Clasificación xornada 36

  • 13 Valencia 40
  • 14 CELTA 40
  • 15 Almería 39
  • 16 Getafe 38
  • 17 Cádiz 38
  • 18 Valladolid 38
  • 19 Espanyol 35
  • 20 Elche 21

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba