Ellyes Skhiri, o sono de Luís Campos para o Celta

O Celta aínda ten pendente pechar a permanencia, algo que a falta de dúas xornadas non está nin moito menos pechado, pero mentres tanto segue traballando no posible escenario de xogar en Primeira División. Luís Campos está buscando reforzos para varias demarcacións, entre elas o centro do campo.
O portal @Relevo informa sobre o interese do Celta en Ellyes Skhiri, un mediocentro que milita actualmente no Colonia, co que remata contrato o próximo 30 de xuño, converténdose dese xeito nun futbolista bastante cotizado pola súa condición de axente libre. De feito, segundo estas mesmas informacións, Olympique Lyonais e Sevilla, duros competidores por tratarse de equipos que probablemente disputen competicións europeas o próximo curso.
Nado o 10 de maio de 1995 en Lunel (Francia), aínda que é internacional por Túnez, con quen xogou en 54 ocasións debido a que é o país de orixe da súa familia. Surgido da canteira do Montpellier, foi con este club co que debutou a nivel profesional, disputando un total de 133 partidos oficiais, con 10 goles e 5 asistencias no seu haber.
No verán de 2019 firmou polo Colonia, onde xogou as catro últimas campañas, con 20 goles e 8 asistencias en 132 partidos. O seu valor de mercado, segundo Transfermarkt, é de 13 millóns de euros, aínda que recordemos que chegaría libre.
Convén sinalar que o interese do Celta neste futbolista vén de atrás, posto que xa se lle relacionou no verán de 2019 co club celeste, aínda que finalmente recalaría na Bundesliga.