Noticias

Esgotadas en tres horas as entradas para o Celta – Barcelona

En tan só tres horas esgotáronse todas as entradas para o Celta-Barcelona deste domingo en Balaidos, un encontro no que os vigueses xogan a permanencia e que coincide coa apertura da nova bancada de Marcador Centenario. Aproximadamente, 24.000 espectadores encherán as bancadas do estadio.

Unha tarde que estivo chea de incidencias e críticas, por parte dos afeccionados, polo caótico venda a través de internet. Mentres, centos de afeccionados fixeron cola nas billeteiras de Balidados para a venda presencial. O Celta asumiu o desastre na organización: «O club quere pedir desculpas aos seus abonados polas incidencias rexistradas na páxina habilitada para elo, xa que a gran demanda de localidades e as múltiples solicituds de maneira simultánea provocaron o colapso da web, incidencia solventada finalmente unha hora despois».

Agradecemento polo apoio

E tamén amosa o seu agradecemento pola resposta: «Expresar aos abonados celestes o seu agradecemento por volcarse unha vez máis nunha iniciativa encamiñada a multiplicar o apoio ao equipo no vital encontro ante o Barcelona». Os afeccionados célticos xa marcaron o primeiro gol, agora todo está nas mans do cadro de Carvalhal.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba