Gabri Veiga, moi preto do Newcastle

Gabriel Veiga e o Celta continúan na loita por manter a categoría. O Barcelona é o rival para o último e decisivo partido dun campionato que semanas atrás parecía rematado para o equipo galego, pero ao que os malos resultados das últimas xornadas levaron a sufrir ata o último momento. O mozo futbolista tamén baixou o seu rendemento, pero a pesar diso seguiu cautivando co seu fútbol.
O Newcastle, xa co pasaporte para a próxima Champions no peto, foi dos equipos que dende a súa repentina aparición na elite do internacional Sub 21, pujou pola súa fichaxe e agora mesmo é o mellor situado para levar ao mozo galego de 21 anos.
A pesar de estar relacionado en diferentes ocasións co Real Madrid, os dirixentes do equipo madrileño non tiveron ao centrocampista no seu punto de mira. O obxectivo para esa demarcación sempre foi Jude Bellingham, fichaxe que se fará oficial en canto termine a tempada o próximo fin de semana.
Un soño cumprido! Gabri Veiga xa ten dorsal no primeiro equipo
Unha aposta clara
Veiga cambiou de axente recentemente, pasando a formar parte da nómina de Pini Zahavi, axente que mantén unha excelente relación con Joan Laporta e que é o manager de Robert Lewandowski, entre outros. A cláusula de saída de Veiga é de 30 millóns de euros e a pesar de que o Celta intentou mellorar o contrato e aumentar o prezo da mesma, os seus dirixentes resígnanse a ver como o seu futbolista cambia de aires.
O Newcastle está en mans de capital saudí, tan de moda no mundo do fútbol. A súa puxanza económica valeulle para pasar de loitar por non descender a ocupar un dos postos da Champions. A súa aposta con Veiga foi clara e directa dende que o galego comezou a destacar e en breve pode converterse en novo xogador do equipo do norte de Inglaterra.