Horario e como ver o Cádiz – Celta pola televisión

O Celta xoga este domingo (19:00) un emocionante partido contra o Cádiz, nunha que pode ser a penúltima batalla pola permanencia, e que seguramente será a última se os de Carvalhal logran a vitoria, aínda que non será nada doado fronte a un Cádiz que se xoga a vida e que se mostrou bastante sólido nos partidos xogados no Nuevo Mirandilla ante os rivais directos pola permanencia.
Para todos vós deixámosvos a continuación a forma de ver o encontro, incluso se estades no estranxeiro. No estado español será Movistar LaLiga TV quen o emitirá, aínda que ao coincidir varios partidos á vez é importante ver o dial no que vai. Lembremos que a través de Movistar LaLiga verase un carrusel cos partidos de Movistar desta xornada.
O partido poderá verse a través dos seguintes operadores no canal Movistar LaLiga 5 📺:
- Movistar (Dial 171)
- Orange (Dial 124)
Se estás fóra de España, o partido emitirase en máis de 100 países. Se queres saber se emite no teu e en que canal podes facelo premendo aquí.