Noticias

Iago Aspas e Hugo Mallo viaxan a Cádiz

Boas novas na convocatoria céltica, Iago Aspas -que xa puido xogar dez minutos ante o Girona- e Hugo Mallo, lesionado fortuitamente o martes, estarán en Cádiz. A única ausencia, como era sabido, será a de Fran Beltrán.

Iago Aspas sigue con sus problemas de espalda, pero nos últimos días evolucionou de forma satisfactoria e non se descarta que até poida ser titular ou, polo menos, xogar máis minutos que o martes pasado. A última palabra a terá o futbolista.

Por outra banda, Hugo Mallo entrenou este sábado con normalidade, a pesar da fractura que se produciu no cúbito do brazo dereito, tralo golpear unha valla a conclusión do partido ante o Girona en Balaidos. O capitán está a disposición do técnico.

O Celta, que necesita a vitoria para matemáticamente acadar a permanencia sen estar pendente de outros campos, podería presentar algunha novidade no once como a presenza de Óscar Mingueza ou o retorno, cumprida sanción, de Luca de la Torre. Tampouco se descarta un cambio de deseño táctico e enfrontar o partido cunha defensa de cinco.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba