Noticias

Iago Aspas: «Fixemos as cousas moi mal»

(EFE) O internacional español Iago Aspas mostrou-se moi crítico coa tempada do Celta de Vigo, a pesar de conseguir a permanencia en LaLiga na última xornada coa súa vitoria ante o FC Barcelona.

«Quen nos ía dicir fai mes e medio que íamos ter que xogala na última xornada. Fixemos as cousas moi mal e tivemos que tirar outra vez da xente, como en anos anteriores, para conseguir esa desexada permanencia», lembrou o máximo goleador celeste.

Aspas cre que o Celta non deu «o nivel» ao longo do campionato, e referiuse ao mozo Gabri Veiga, autor dos dous goles da vitoria ante o campión de Liga, como o héroe da salvación.

«Creo que fixo unha tempada grandiosa. É certo que tivo altibaixos, como tivemos todos, pero un centrocampista que faga 11 goles é para botar as mans á cabeza», destacou.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba