Ivan Villar : «Procuro dar o mellor de min en cada partido e adestramento»

Ivan Villar, o mellor dos clticos ante o Girona, cree que o equipo está nunha liña de mellora: «O punto do martes soubo a pouco pero viniámolo dunha mala racha que había que cortar e mellor iso que nada. Hai que coller confianza cara ó partido ante o Cádiz».
O meta resta valor á súa sobresaínte actuación: «Tento deixarme a pel en cada partido e adestramento e axudar ó equipo cando se me necesite. Ante o Girona axudé a conseguir un punto e esperemos que en Cádiz sexan tres«.
Non fai contas para a permanencia: «Quedan dous partidos, que son dúas finais. É así como hai que encaralo».
Mentres, Renato Tapia pensa de igual maneira que o seu compañeiro: «Fíxemos todos os méritos para levarnos o partido ante o Girona. Fomos contentos porque o equipo reaccionou e mostrou outra cara, como antes do parón e hai moitas cousas positivas que debemos levarnos a Cádiz».
E tampouco saca a calculadora: «Todas son finais e temos un partido moi importante en Cádiz, ao que ímos motivados e con todas as cousas boas que fixemos ante o Girona. Vamos a matar polo escudo».