Noticias
O Celta B comezará o sábado ás 17:00 a súa loita polo ascenso

A Real Federación Española de Fútbol anunciou onte os horarios dos partidos de ida das semifinais da promoción de ascenso a Segunda División. O partido entre o Celta B e o Eldense ía xogarse inicialmente ás 20:00, pero o club celeste solicitou que se adiantase ás 17:00 para que puidese rexenerarse o céspede de Balaídos, que un día despois acollerá o trascendental partido ante o Barcelona, segundo informa Faro de Vigo.
O resto dos encontros da promoción disputaranse tamén o sábado, salvo a eliminatoria entre Deportivo e Castellón, que se xogará o domingo ás 19:00. O partido do Celta B será emitido por InSports TV, como vén sendo habitual, e tamén pola TVG a través do seu segundo canal.