Noticias

O Celta pregunta por Aridane

Aridane Hernández é un dos xogadores que quedará libre o próximo 30 de xuño. Dende Osasuna están intentando renovar ao futbolista, tal e como confirmou Braulio, director deportivo da entidade navarra, pero vincúlase a outros equipos que supostamente teñen interese na súa contratación a custo cero.

Informa o portal udlaspalmas.net, ao fío do interese na UD Las Palmas en fichar ao grancanario, que o Celta é un dos clubes que está interesado na contratación deste veterano central, que cumpriu 34 anos o pasado mes de marzo.

Nado en Tuineje (Las Palmas), a súa traxectoria profesional levouno por varios clubes: Real Valladolid, Ceuta, Alavés, Eldense, Cádiz e Osasuna, onde chegou no verán de 2017, converténdose dende entón nun futbolista importante para o club navarro, co que logrou o ascenso a Primeira División en 2019.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba