O Celta tenta abrir o marcador fronte ao Barcelona, con entradas a 5 euros

O Celta decidiu abrir a grada de Marcador para o partido do próximo domingo (21:00) no que xoga a salvación fronte ao Barcelona. O club anunciou este luns que traballa «a contrarreloxo» para que se poida usar ante o equipo catalán, segundo o comunicado emitido:
«O RC Celta traballa a contrarreloxo para poder poñer a nova Grada a disposición dos seus abonados cara á final o próximo domingo ante o FC Barcelona (Abanca Balaídos, 21.00 horas). O club pretende, e nel pón todo seu empeño, axilizar ao máximo as xestións necesarias para posibilitar a apertura da grada e multiplicar o apoio ao equipo nun encontro trascendental.
Que se poida utilizar a nova grada depende de diversas cuestións, dúas delas imprescindibles. Por un lado, a aprobación do uso do graderío por parte de LaLiga e operadores, que tras o firme requirimento do club, deberán terminar as probas e instalacións necesarias, o próximo mércores, día 31 de maio, e validar a súa utilización. Por outro, a entrega da autorización pertinente por parte do Concello de Vigo.
En caso de solventarse ambas cuestións, que todos desexamos que sexa urxentemente, o novo fondo abrirá as súas portas para o vital encontro ante o FC Barcelona, aínda que con diversos condicionantes. Non haberá servizo de cantinas, nin ascensores, nin luz artificial, nin megafonía nin videomarcador. O club proverá dun servizo de refrixerio aos afeccionados que acudan a esa parte do estadio.
As entradas de todas as gradas dispoñibles para o partido fronte ao FC Barcelona poñeranse á venda o mércores ás 16 horas, incluídas as do novo graderío se a súa apertura é posible. A venda será online a través da páxina web oficial do club, aínda que as billas do estadio tamén abrirán ás 16 horas para venda presencial ata esgotarse. Recoméndase o servizo online por unha maior axilidade.
As entradas de todo o estadio, incluídas as da nova grada en caso de que estea dispoñible, venderanse durante tres días (mércores tarde, xoves e venres) exclusivamente aos abonados celestes ó preço de 5 euros cada unha. Cada abonado poderá adquirir un máximo de dúas billetes ata a tarde do día 2 de xuño. Se despois dese día aínda quedan entradas dispoñibles, procederase a súa venda ao público en xeral a un prezo xa superior.»