O Celta volve a pensar en Rafa Mir

O Celta fichou esta tempada tres dianteiros, sen que ningún deles ofrecese un rendemento óptimo, que puidese subsanar a baixada de nivel de Iago Aspas na recta final do campionato polos seus problemas na espalda. As ausencias do moañés seguen sen ter unha réplica nos arietes, unha situación que se repite desde hai varios anos e para a que o Celta non parece atopar unha solución.
Un xogador que soou nos últimos anos con certa regularidade é o de Rafa Mir, ao que o Celta xa pretendía cando militaba no Huesca, cedido polo Wolverhampton. Finalmente foi o Sevilla quen se fixo cos seus servizos a cambio de 16 millóns de euros, aínda que o seu rendemento non está sendo espectacular. Marcar 21 goles en 83 partidos, polo que en Nervión seguro que ven ben algunha oferta para o seu traspaso.
E nese escenario aparece o Celta. Segundo informa Estadio Deportivo, que cita ao xornalista de Radio Vigo, Jacobo Buceta, o club vigués puxo o nome do ariete valenciano na súa axenda e estaría disposto a facer un esforzo, iso sí, con parte do diñeiro que perciba polo ansiado traspaso de Gabri Veiga.
Lembramos que o Celta ten agora mesmo dous delanteros con contrato: Paciência e Strand Larsen. Damos por feito que Seferović non continuará. Sería toda unha sorpresa, pero en caso de que saia o suízo quedarían dous delanteros e é posible que o Celta estude manter os tres arietes de referencia que tiña este curso, substituíndo ao internacional suízo por Rafa Mir.