O celtismo aposta pola salvación

Restan pouco máis de 24 horas para que o Celta se encontre coa historia, nun outro partido axónico en busca da salvación. O equipo de Carvalhal desperdiciou todas as oportunidades que tivo nas últimas xornadas, chegando ao encontro definitivo coa obriga de derrotar ao campión da Liga. Todo un desafío para manterse na máxima categoría e poder asinar a súa décima segunda tempada consecutiva en Primeira División.
Fai uns días, quixemos medir o pulso da afección celeste cunha sinxela pregunta: ¿Crees que o Celta se vai a salvar? Despois de máis de 2.500 respostas, o optimismo semella ser o sentimento predominante.
O 58,4% dos enquisados apostan pola salvación, mentres que só o 29,4% cre que o equipo acabará caendo a Segunda División. O 12,3% restante decidiuse pola opción «non o teño claro». Oxalá a maioría estea no certo.