Noticias

O Getafe, rival do Celta por Carles Pérez

O Celta mantén a súa intención de facerse cos servizos de Carles Pérez, aínda que espera rebaixar a cantidade que figura na opción de compra incluída no contrato de cesión, que son 8 millóns de euros. Unha cantidade que semella excesiva en Príncipe, ou que polo menos intentarán reducir.

O club celeste ten ata o final da cesión para poder facerse co catalán por ese prezo. De non ser así, entraría na puja con calquera outro equipo interesado no seu fichaxe. Recolle El Desmarque unha información do xornalista italiano Nicolò Schira segundo a cal un dos equipos interesados é o Getafe, e ademais estaría disposto a facer un maior esforzo económico que o Celta.

A favor do club celeste está a vontade do futbolista, que quere seguir en Vigo, e o feito de que o seu contrato termina o 30 de xuño de 2024, polo que na capital italiana saben que están obrigados a traspasar a un futbolista que non vale os 8 millóns da súa opción de compra.

Tamén hai que constatar que en mercados anteriores, cando Getafe e Celta estaban interesados no mesmo xogador, polo menos segundo a rumoroloxía, foron os madrileños os que se levaron o gato á auga na maioría dos casos.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba