Noticias

O Mirandés interesouse pola contratación de Claudio Giráldez

O Celta B foi un dos equipos revelación da temporada na Primeira Federación, o que provocou que moitos clubes fixéronse nos seus xogadores, e tamén nos seus técnicos. Claudio Giráldez no seu primeiro ano á fronte do Celta B consagrouse como unha das grandes promesas dos banzos, e xa conta co seguimento de equipos de categorías superiores.

Segundo informou onte o periodista Víctor López no programa “Ao Contrataque” da Radio Galega, o Mirandés mostrou interese no seu fichaxe trala chegada de Alfredo Merino á dirección deportiva, despois de dous anos como responsable de captación do fútbol base do Celta. Coñecedor do traballo de Giráldez, foi unha das súas propostas, aínda que parece que o elixido pode ser finalmente Alessio Lisci, que viviu un ano sabático tras dirixir ao Levante a pasada temporada.

Este non será o único equipo interesado en Claudio Giráldez, que soubo sacar un excelente rendemento a unha plantilla chea de moitos futbolistas no seu primeiro ano en categoría senior, e incluso xuvenís, que medraron ao longo da temporada ata conseguir a proeza de clasificarse para a loita polo ascenso á Segunda División.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba