Noticias

O Presidente de Unionistas pide que se adiada a eliminatoria do Celta B polo posible descenso do Celta.

O presidente de Unionistas, Roberto Pescador, solicitou este luns que a eliminatoria que deben disputar Celta B e Eldense, que se xogará o sábado ás 17:00 en Balaídos, se aprace a espera do que suceda co primeiro equipo do Celta, que se xoga a permanencia este domingo ante o Barcelona. En caso de descenso do equipo vigués, sería imposible o ascenso do filial.

Unionistas non sería o club beneficiado por esta medida, xa que recordemos que o sexto clasificado do Grupo I foi o Linares, que sería, segundo Pescador, quen debería ter o dereito a xogar polo ascenso se se produce o fatídico desenlace para o Celta.

O mandatario publicou un tuit no que dicía: “A elimintoria Eldense – Celta B debería aprazarse, e se descendera o Celta a debería xogar o Linares Deportivo. É hora de abrir ese melón”, sentención, citando un tuit de @GradaBPro coa clasificación actual de Primeira División.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba