Noticias

O Valladolid complica a salvación do Celta coa súa vitoria fronte ao Barcelona

O Real Valladolid logrou onte unha inesperada vitoria fronte ao Barcelona, que saca ao equipo de Pezzolano da zona de descenso e complica de certo xeito a permanencia do Celta, que agora só conta con 2 puntos de vantaxe sobre o equipo pucelano.

Comentabamos na previa da xornada que a visita do Barcelona a Valladolid era toda unha incógnita. O equipo de Xavi chegou como campión, sen nada en xogo, e puxo en liza un equipo con algunha cara nova e algún que outro experimento que non saíu nada ben, por fortuna para o equipo blanquivioleta, que aos dous minutos xa mandaba no marcador grazas a un gol en propia porta do danés Christensen.

Unha derrota do Valladolid deixaríao a cinco puntos do Celta con seis en xogo, co que as opcións de salvación para os de Carvalhal aumentaban de forma considerable, pero este triunfo cambia por completo as previsións e obriga ao Celta a ir a Cádiz en busca dos tres puntos para pechar a permanencia dunha vez por todas.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba