Orbelín Pineda buscara o dobrete esta tarde

Mentres o Celta enfronta un final de tempada agónico, con unha permanencia que non chega a pesar de estar moi cerca dende hai varias semanas, noutras latitudes a situación é moi diferente. Orbelín Pineda, cedido estatempada ao AEK de Atenas, ten a oportunidade de conseguir o doblete, algo que pode lograr esta mesma tarde.
A partir das 19:30, o equipo aurinegro disputará a final da copa de Grecia ante o PAOK de Salónica, buscando un doblete histórico que non celebra o conxunto ateniense dende hai máis de cinco décadas.
O internacional mexicano foi un dos xogadores máis destacados no equipo heleno dende que comezou a tempada. Con 10 goles e 4 asistencias é un dos mellores xogadores da Súper Liga grega, e esta tarde todo apunta a que volverá ser titular e importante na final da competición copera.
Días atrás, o futbolista mostrou o seu desexo de disputar a Champions League, competición na que poderá participar o AEK se supera a ronda previa no mes de agosto, aínda que en principio a intención do Celta é recuperar ao xogador xa que no seo da entidade viguesa existe plena confianza nas súas condicións futbolísticas. Entenden en Príncipe que o xogador non tiña minutos simplemente por unha cuestión de apreciación do por entón técnico céltico, Eduardo Coudet, que actualmente dirixe ao Atlético Mineiro.