Noticias

A plantilla fai autocrítica e pide un último apoio da afición

O Celta xogará un ano máis a permanencia na última xornada, tras un último terzo de tempada nefasto que pode ter as súas consecuencias, a curto prazo, en todos os estamentos do club. Pero antes diso, a plantilla cltica fai autocrítica e pide un último esforzo aos seus afeccionados – que nunca fallaron – na noite do próximo domingo ante o Barcelona. Seguidores maltratados, polo rendemento do seu equipo, un ano máis.

Iago Aspas, que xa foi moi crítico coa xestión deportiva do club á conclusión do partido ante o Cádiz, pide apoio unánime dende as gradas: «Xogaremos diante da nosa xente, tendo que gañar o partido ou facendo o mesmo que o Valladolid. Hai que ser positivos. Precisámolos a todos este fin de semana, xa nos pasou hai dous anos e parece que non aprendemos. Balados ten que ser un fórtin e temos que estar todos unidos nunha linda semana para traballar».

Outro canterano, como Iván Villar, fai autocrítica: «Levamos unha mala dinámica, na que nos metemos nós soliños. Hai que facer autocrítica. O bo é que dependemos de nós para darlle a volta e manter ao Celta un ano máis en Primeira, que é o que todos queremos. Agora non vale de nada falar, nin buscar escusas. Á afición pouco lle podemos pedir e estou seguro de que o domingo estarán connosco e oxalá lles poidamos dar unha alegría, que merecen».

E Luísa de la Torre quere ser optimista: «O domingo temos unha final en casa e temos que gañala. Está nas nosas mans e temos que concentrarnos só niso. A nosa afición estará ao lado e estou convencido de que o podemos conseguir».

Publicaciones relacionadas

Mira también
Cerrar
Botón volver arriba