
Custou, pero o Celta B loitará polo ascenso a Segunda División, a pesar de caer derrotado en A Malata ante o Racing de Ferrol. O Linares, rival pola quinta praza, tiña que gañar ante o San Fernando, e só arrincou un empate, que permite aos vigueses volver pelear polo ascenso á categoría de prata.
O Celta B aguantou ben a un rival que tiña moita ansia por un triunfo que lle permitiría regresar a Segunda División, presionado ademais polo resultado do Alcorcón, que gañaba o seu encontro e obrigaba ao equipo ferrolano a lograr os tres puntos para volver ao fútbol profesional. O filial céltico tamén miraba de reollo o partido do Linares, que tampouco lle favorecía polo gol dos andaluces, aínda que antes terminar a primeira metade empatou o San Fernando. Aguantaron ben os de Claudio Giráldez durante toda a primeira parte, sen permitir que lle xerasen apenas ocasións, e mantiño ese nivel na segunda metade, pero todo cambió coa expulsión de Iván López, que deixou ao filial céltico con un menos.
Non tardou moito o Racing en adiantarse por medio de Xardí, e parecía que o Celta B non tiña moita capacidade de resposta, e menos co 2-0, que deixou o partido visto para sentenza, mentres o banquillo vigués só tiña ollos para o partido do Linares, que acabou con empate. Un resultado suficiente para que o Celta B volvese xogar a promoción de ascenso dúas tempadas despois. O partido acabou con festa para ambos equipos sobre o terreo de xogo despois de que o colexiado sinalase o final dos 90 minutos dun partido que tivo dous gañadores. Noraboa ao celtismo e a todo o racinguismo.