Renato Tapia : «Hai moitas cousas fóra do futbolístico que están afectando ao grupo»

Renato Tapia compareceu este martes ante os medios, nunha semana clave para a permanencia do equipo céltico, deixando unhas moi interesantes reflexións: «É difícil esta semana. Nos últimos partidos melloramos, pero en Cádiz non foi o mellor colectivamente, sinto que hai moitas cousas fóra do futbolístico que están afectando ao grupo, sobre todo no mental. Volve un pouco máis tedioso o trámite do partido. Hoxe en día non saen, de forma natural, cousas que facíamos. Nótase e pasa factura».
Non ten moi claro o mensaxe aos afeccionados: «Pouco podemos dicir, onte levanteime ás 3:30 da mañá pensando que podía dicirlle á xente ou aos meus compañeiros para facerlles crer que en verdade se pode gañar este partido e que estamos convencidos. Non atopei ningunha. O único que se pode facer é crer e crer. A volta ao traballo foi positiva, pudemos conversar e ver o que nos está afectando. É boa a retroalimentación e escoitar distintas opinións para afrontar a semana de forma positiva. Eu sexa dende dentro ou dende fóra vou deixar a vida polo Celta».
Confía en que se abra a nova grada: «Oxalá. Pasamos un ano de pandemia no que o equipo levouno mal porque se pelexaba unha permanencia sen a xente e, hoxe en día, necesitamos da afección máis que nunca. Persoalmente, estou avergoñado pola situación na que estamos. Esta non era a nosa meta a principio de tempada e os que máis sofren son os afeccionados».
Sobre as declaracións de Iago Aspas, referíndose á perda de calidade do plantel, sinalou: «É a súa forma de pensar e hai que respectala, se se comparte ou non queda a criterio de vostedes. Hai que ser consecuente co que dices. Na tempada 2019-20 había calidade, xogadores de clase mundial, top, e que pasou. Salváronse na última xornada. Non é un tema de calidade. Se Iago o di é porque o sente. Non porque quixera tirar lixo. Non foi a mellor maneira, é boa persoa cun gran corazón, que non debería dicilo».
Ante o Barcelona espera: «Un Celta enchufado, con ganas de saír a matar e gañar, de loitar polo compañeiro. Do rival non esperamos nada. Nós temos que facer a nosa tarefa, non hai outra. Aquí vén a loitar pola cidade, polo escudo, por Galicia, porque somos o único equipo galego en Primeira e iso hai que estar orgulloso».