Un ex-presidente do Espanyol dá por feito que o Barcelona se deixará perder ante o Celta.

O Real Valladolid acadou o pasado martes unha vitoria, seguramente sorprendente noutras circunstancias, ante o Barcelona (3-1), que lle permite respirar e conseguir tres puntos de ouro, aínda que o resto dos resultados da xornada deixan igualmente en zona de descenso. É posible que a alguén lle sorprendese ese marcador, pero non así a Joan Collet, que foi presidente do Espanyol entre novembro de 2012 e xaneiro de 2016. En declaracións ao diario AS, asegurou que esperaba este resultado: “Estiven vendo o partido coa tranquilidade de que sabía que pasaría. Lo esperaba, non me sorprende nada”, explicou, deslizando que o conxunto azulgrana deixárase gañar para prexudicar ao Espanyol.
O ex mandatario engadiu: “Xavi dixera que irían a gañar. Naturalmente, qué haía dicer si non? Anoche xa fixo referencia a distensión, o que me extraña é que non se der conta antes do partido”, ironiza. O que pon en valor Collet é que o resultado do Barcelona “non só perxudica a un equipo, ao Espanyol, senón a cinco (Getafe, Cádiz, Almería e Celta, que tamén loitan contra o descenso, son os outros castigados). Que os seguidores de cada equipo saquen as súas propias conclusións”.
Ademais, Collet pon a venda antes da ferida e advirte desa última xornada, coa visita do Barcelona a Vigo: “Se o Celta se xoga o descenso na última xornada, volverá pasar o mesmo. Non hai ningunha dúbida, nin debe extrañarnos nada”, asegurou.
Unhas declaracións que levantaron polvareda, e que seguramente buscan provocar ao conxunto catalán para interromper as vacacións que iniciaron nas dúas últimas xornadas, despois de proclamarse campións, precisamente ante o Espanyol no RCDE Stadium.