Noticias

Un superordenador di un 8% de probabilidades de descenso para o Celta

A medida que avanzan as últimas xornadas de LaLiga, as opcións de descenso do Celta aumentan. O equipo vigués pasou de non aparecer nos pronósticos de caída a Segunda División, a ter un 1%, que se converteu nun 4% tras a derrota fronte ao Athletic Club e pasou a un 8% após a xornada 36.

Aínda que segue sendo un porcentaxe pequeno, o descenso é pouco probable pero totalmente posible. Recordemos a campaña do 4,01%, que eran as opcións de salvación a falta de dúas xornadas para o final da Temporada 2012-13. Sen embargo, as matemáticas non teñen en conta determinados factores, como o feito de que o Celta xogaba contra dous equipos sen nada en xogo, como Valladolid e Espanyol.

De os equipos da zona baixa, agás o Valencia, o Celta é o que conta con menos probabilidades de descenso, cun 8%. O Getafe ten un 31% de probabilidade, o Cádiz, próximo rival do Celta, un 32%. Os dous equipos que actualmente están en descenso son os que teñen máis papeletas para descender: o Valladolid un 35% e o Espanyol un 78%. O Elche está descendido desde hai varias xornadas.

En resumo, o Celta está nunha posición privilexiada para lograr a salvación, pero dá a sensación de ser o equipo en peor estado de forma de todos os que teñen a auga ao pescozo. E iso é moi perigoso.

  • 14. Celta 8%
  • 15. Almería 15%
  • 16. Getafe 31%
  • 17. Cádiz 32% – primeiro equipo salvado
  • 18. Valladolid 35% – primeiro equipo descendido
  • 19. Espanyol 78%
  • 20. Elche 100% – descendido matematicamente

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba