Noticias

«Vamos a dar todo o noso»

O Celta xógase a permanencia ante o Barcelona este domingo e na plantilla viguesa xogan dous ex azulgranas, como Carles Prez e Óscar Mingueza. Ambos buscarán conseguir o obxectivo ante o que foi o seu equipo.

No caso de Carles Prez, vestiu a camiseta azulgrana desde a idade cadete ata xogar medio ano no primeiro equipo. Óscar Mingueza tamén chegou dende as categorías inferiores até acadar o primeiro equipo nas dúas últimas tempadas, acumulando 64 encontros oficiais. Dende ali chegou ao Celta neste verán.

Mingueza compareceu este mércores ante os medios e falou de cómo se atopaba a plantilla céltica, ante a final do domingo: «O equipo está moi enchufado e con moitas ganas de partido. Como dixo Renato, un pouco avergoñados da situación na que estamos, polos resultados e a clasificación. Tivemos varias finais e non estivemos á altura, pero o bo é que dependemos de nós».

Sobre cómo espera que afronte o partido o seu ex equipo, dixo: «O Barcelona dende benxamín até o primeiro equipo, sexa partido amigable ou oficial, sempre sae a gañar. Téñeno iso na súa mentalidade. Non se xogan nada pero son o Barça e teñen que dar a cara en cada partido. Nós tamén sairemos a gañar porque nos xogamos a vida. Será un partido disputado e bonito».

Sobre o que dixo Carvalhal que o vía máis de lateral e mediocentro, que de central, tamén opinou: «Xoguei nas tres posicións, é certo que ultimamente máis de central e de lateral. Onde faga falta vou xogar, o importante é o equipo. Eu xa estou ao cen por cen. Despois de estar tres meses parado, hai que coger ritmo pouco a pouco. Estou listo e con moitas ganas».

Espera un Barcelona que: «Va a competir. Aínda que non se xoguen nada, sei como é Xavi e como afronta os partidos, porque estiven con él. Quererá gañar. Vexo a un Barça competitivo e, aínda que non veñan xogadores, os seus futbolistas son dos mellores que hai».

Coa nova grada de Marcador xa aberta, entende que o apoio da afección será clave: «Para nós é importantísimo que estean con nós. Que os notemos desde o hotel, ao chegar ao campo, no partido. É un encontro novo no que nos xogamos todo e non pode haber reproches. Temos que ir todos a unha e a morte. Nos imos deixar a vida. Balaídos ten que ser un estadio increíble, se dan o 100%, nós daremos o 200. Se imos todos na mesma dirección, sacaremos isto adiante».

Acostumado a xogar por título, agora tócalle facelo para non descender a Segunda: «Igual a presión por non descender é máis difícil. Aquí o que te xogas é que, de non gañar, vas para abaixo».

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba