Partidos

Ter Stegen podería bater un récord histórico fronte ao Celta

O porteiro do Barcelona, Marc-André Ter Stegen, ten a posibilidade de bater un récord histórico este domingo en Balaídos. O cancebeiro alemán ten garantido o Trofeo Zamora, que lle acredita como o porteiro menos goleado, pero ademáis pode superar ao deportivista Liaño se deixa a súa portería a cero.

O futbolista azulgrana non encaixou ningún gol en 26 dos 37 partidos que disputou ata a data, a mesma cifra de partidos que Liaño na Temporada 1993-94, nas filas do Deportivo. Se logra deixar a súa meta a cero ante o Celta baterá este récord, que será difícil de superar no futuro.

Se Ter Stegen alcanza este logro as opcións de permanencia do Celta reducen considerablemente, xa que para seguir en Primeira División ten que gañar ou facer o mesmo que o Valladolid.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba